móvete

Acerca de

Móvete é unha aplicación desenvolvida por Víctor Pena en Trabe Soluciones S.L. como Proxecto Fin de Carreira de Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña.

Consiste nunha guía de transporte urbano para a cidade da Coruña, contemplando actualmente os servizos de bus urbano e aluguer municipal de bicicletas.

Emprega como back-end unha API dispoñible en movete.trabesoluciones.net desenvolvida tamén como parte do proxecto. Se estás interesado en usala, síntete libre de facelo, e cando teñas o produto listo, avísanos ;)

O proxecto desenvolveuse sen ningún ánimo de lucro. Os datos incluidos na API son aproximados.